O BNG denuncia "o uso indebido do parque municipal" ao autorizar o concello un evento de Abanca, que reuníu a 500 persoas o pasado sábado.
Con motivo da celebración dun evento promovido por Abanca, que reuníu a 500 clientes este pasado sábado, desde o BNG denuncian "unha nova agresión cometida co consentimento e correspondente autorización do equipo de goberno do Concello".
O BNG do Carballiño "pon unha vez máis en cuestión a utilización do parque municipal como lugar idóneo para a celebración de macro eventos que conlevan unha gran infraestrutura, co perxuizo que iso ocasiona para o mantemento do espazo e a conservación do ecosistema".
Segundo relatan os nacionalistas, é sabido que na cidadanía do Carballiño o parque municipal e máis concretamente o seu uso e mantemento, segue a ser motivo de preocupación e de debate, "algo que parece non importar ao actual Goberno Local", subliñan.
Para o BNG trátase dun episodio no que se pon de manifesto como "un espazo públicoé cedido neste caso a unha entidade privada coa autorización e aprobación do goberno municipal. O sábado, 30 de xullo do 2022, cando se celebrouse un evento, de carácter privado, nun espazo público".
Esta celebración levouse a cabo na entrada principal do parque, na explanada en torno ao monumento dos irmáns Prieto. No BNG pregúntanse se non hai outros espazos onde se minimizasen as agresións ao entorno. O asfaltado da avenida do Arenteiro ou as Barcias son algunhas das alternativas propostas polos nacionalistas ao tempo que denuncian de novo que unha vez máis non se regula o uso dos espazos.
Consideran os nacionalistas que existe descontrol nos usos do entorno, transito de camións, instalación de grandes carpas e eventos masificados.
Critican que seegue sen existir un proxecto sustentable para co medio ambiente. Neste caso un proxecto que regule o uso do espazo natural no parque e que sexa respectuoso para co medio.
No BNG Denuncian pois, "a agresión que se esta a cometer coa natureza e demandan do equipo de goberno o respecto e a dedicación necesaria para o mantemento e coidado do parque".
Finalmente, manifestan que "apostan decididamente pola conservación e polo mantemento do espazo e do ecosistema, así como da súa posta en valor, para uso e desfrute da cidadanía".