O BNG denuncia a precariedade do servizo de Protección Civil e esixe a inmediata apertura do Parque de Bombeiros
Dende o mes de Febreiro o servizo está únicamente cuberto por voluntarios "que chegaran a un acordo co concello para realizar gardas as 24 horas e cobrar dietas, pero a dia de hoxe aínda non percibiron un euro, polo que deixan de prestar o servizo", advirten.
O BNG demanda ao alcalde que dote a O Carballiño dun servizo de emerxencias dacorde a entidade do municipio, ademáis de "esixirlle a inmediata apertura do Parque de Bombeiros, unha vez que remataron as obras de construcción do edificio fai xa varios meses".
Os alcaldes da comarca manifestaran no pasado mes de marzo o compromiso de apoiar a proposta do rexedor municipal carballiñés para a creación dun servizo de Protección Civil de ámbito comarcal. Marnotes anunciara daquela que se levarían a cabo xestións coa Deputación e Xunta para buscar financiación para este servizo e comprometera o apoio municipal para fixar unha partida económica nos orzamentos de 2014 para destinar unha subvención específica a Protección Civil para o pagamento de axudas aos voluntarios.