O BNG denuncia problemas co saneamento
O bng de Piñor amosase moi crítico coa política medio-ambiental que ven levando a cabo o Goberno Municipal que preside o Alcalde Socialista Francisco Fraga, atá o punto de considerar que os seiscentos mil euros destinados pola consellería de medio-ambiente na última lexislatura, non resolveron os problemas de saneamentos, ben o contrario, están a causar danos ambientais importantes. Asi o pón de manifesto o Bng no seu último "Boletín Informativo", distribuído entre a veciñanza das parrroquias que integran este Concello.
Entre as graves deficiencias detectadas, está a fosa intalada na zona do Torguedo, que recolle as residuais do Reino, Moire e Torguedo, ubicada á beira do río, en zona de servidume do mesmo, con problemas de funcionamento que están a converter o río Arenteiro nunha cloaca. Tamén se critica como se ubicou unha fosa séptica no lugar da Torre, ó pé dun cruceiro, que tampouco parece o lugar máis axeitado, polo que representa unha falla elemental de sensibilidade co patrimonio cultural.