O BNG facilitará a investidura de Fumega pero mostrase excéptico a un posible acordo de gobernanza cos socialistas
A asemblea local do BNG considera "máis que aceptables os resultados electorais do pasado dia 24 de Maio no concello do Carballiño, xa que conseguimos doblar a nosa representación, aínda que persoalmente considero que tiñamos a mellor candidatura e que os resultados aínda poderían ser mellores", manifestou Chema Ferreiro.
O candidato nacionalista dixo en COPE O Carballiño "que por responsabilidade e coherencia cos resultados electorais imos facilitar a investidura de Fumega como alcalde, pero eso non siñifica un acordo para compartir goberno co PSOE, creo sinceramente que os electores situraron ao BNG na oposición", subliñou.
En todo caso, Ferreiro anunciou que "por cortesía" vaise reunir esta semana con Paco Fumega, a petición do candidato socialista "e escoitarémos como non pode ser doutra maneira calquera proposta que nos faga".