O BNG insta ao Alcalde de Boborás a que convoque o pleno da Corporación Municipal

9, Xaneiro 2012

Os nacionalistas consideran unha "actitude demagóxica" as razóns dadas polo Alcalde para non convocar o pleno ordinario do pasado mes de decembro.

Con data de 27 de decembro pasado, o Alcalde Cipriano Caamaño asinou unha resolución na que comunicaba que "aplazase a celebración da sesión ordinaria do pleno municipal que tiña que celebrarse o dia 30 de decembro de 2011". Non obstante, para o Bloque Nacionalista Galego "o  máis grave é a xustificación do aplazamento, según o Alcalde, ao non existir asuntos relevantes para incluir na convocatoria, o que acarrearía gastos en forma de dietas de asistencia aos concelleiros".

Os concelleiros do BNG, Manuel González e Dolores Cachafeiro, manifestan que esta actitude "enmascara unha hipocresia fora de todo sentido común, xa que no caso de que isto fose asi, os concelleiros e concelleiras coidamos que non terían ningún problema en renunciar a esas dietas". Os nacionalistas aseguran que fai unhas semanas presentaron unha moción "en contra da construcción dunha planta  incineradora no Concello do Irixo, que non só afectaría ao Irixo senón aos concellos limítrofes e particularmente ao noso de Boborás, polo que urxíanos que O Concello rexeitase rotundamente o proxecto". Finalmente, o BNG insta ao grupo de goberno do Partido Popular a que proceda a convocatoria do pleno municipal e manifeste cál é a súa postura en relación á intalación da planta incineradora no Irixo.

OS TRES GRUPOS DA OPOSICIÓN ASINAN UNHA SOLICITUDE DE PLENO EXTRAORDINARIO

Move Boborás e BNG, que contan con dous representantes na Corporación, e o Concelleiro do PSdG, asinaron hoxe a petición dunha sesión extraordinaria da Corporación  de Boborás, que presentaron no rexistro municipal, para que a solicitude surta os efectos oportunos. Na petición conxunta dos 3 grupos da oposición, faise constar que o punto a debatir na orden do dia será que o grupo de goberno do Partido Popular de Boborás se posicione "unindose ao resto da Comarca a favor da paralización da incineradora que se pretende instalar no Irixo".