O BNG insta ao goberno municipal a mellorar a conexión a internet en todas as parroquias do concello de San Amaro
A voceira do BNG no Concello de San Amaro, Mariana Rivera, reclámalle á equipa de goberno que desenvolva os trámites e as xestións pertinentes para garantir o dereito a unha conexión á rede nas condicións establecidas no Plan de Banda Larga de Galiza 2020- Asemade, desde a formación nacionalista solicitaron que se instalen dispositivos técnicos precisos nos locais sociais das nosas parroquias para que a veciñanza poida desfrutar dunha adecuada conexión a internet.
O BNG de San Amaro ven de presentar un escrito no rexistro do Concello despois das fortes consecuencias sufridas no ámbito educativo e as deficiencias do sistema de conexión que posúen as veciñas e veciños do municipio. A crise da covid-19 supuxo a suspensión de aulas presenciais polo que as estudantes tiveron que facer un uso extraordinario dos dispositivos informáticos e de conexión a internet.
“Moitas estudantes non puideron facer uso do seu dereito a unha educación sen que a situación económica xogara un papel fundamental” apuntou a voceira do BNG en San Amaro, Mariana Rivera. Asemade, lembrou que para paliar estas desigualdades “xa no ano 2015 aprobouse o Plan de Banda Larga de Galicia 2020, da man da Xunta de Galicia e financiado por fondos europeos, que permitiría que os veciños e as veciñas do Concello do San Amaro tiveran acceso a internet de alta velocidade”.
A Folla de Ruta dirixe a intervención entorno a tres itinerarios: innovación, eficiencia e intelixencia desenvolvidas en rutas de acción. O primeiro deles é o que ten cabida no Concello do San Amaro, presentándose cun ano de demora xa que unha das rutas tivo que levarse a cabo nun período estipulado entre o 2016 ate o 2019.
Por iso, desde o BNG rexistraron unha solicitude para que a equipa de goberno municipal desenvolva os trámites para garantir o dereita a unha conexión á rede nas condicións establecidas no Plan de Banda Larga de 2020. “Exiximos que se realicen os traballos anteriores coa premura que precisa para dar cobertura que precisan todas as veciñas” engadíu Rivera. Así mesmo, tamén pularon no escrito para que se instalen dispositivos técnicos nos locais sociais das nosas parroquias, para que a veciñanza poida desfrutar dunha adecuada conexión a internet.