O BNG pide a dimisión de Marnotes, AGE e PSOE esixen explicacións e esperarán á declaración do alcalde ante a xuíza
As reaccións dos distintos grupos políticos coinciden no respecto á presunción de inocencia do alcalde do Carballiño tras a súa imputación, ainda que só o BNG pide públicamente a súa dimisión.
O consello local do BNG, reunido para analizar a situación, manifesta que "é programático e de puntual exercicio no BNG que calquera cargo político de calquera formación política de estar imputado nun proceso xudicial debe dimitir imediatamente". Engaden que "a dia de hoxe o alcalde do Carballiño está inmputado por cargos no exercicio da súa función, polo tanto o BNG entende que debe abandonar a alcaldia para non causarlle prexuízos á institución no futuro inmediato" polo que o BNG "espera que a súa renuncia se faga efectiva á maior brevidade posible". En declaracións a esta emisora de radio, a representante do BNG na corporación municipal Áurea Francisco aclarou "que o Bloque fiel aos seus principios ten que pedir a dimisión do alcalde, pero tras a súa declaración en sede xudical e se despois da mesma se ratifica a imputación".
O grupo municipal socialista é partidario de "respectar os prazos e as formas" suliñou o portavoz do PSdG no concello carballiñés Paco Fumega. Os socialistas consideran que a roda de prensa na que o alcalde deu conta da súa implicación "fixo unhas manifestacións que máis que declaracións foron implicacións, e que nos levaron a ter máis inquietude". Fumega referíuse de forma expresa á participación de Marnotes -antes de ser alcalde- na mesa de contratación para a adxudicación da ORA no Carballiño "o que debeu facer naquél momento é renunciar a estar na mesa de contratación sabendo da súa relación con VENDEX". Os socialistas esperarán á declaración de Marnotes ante a xuíza o dia 8 de marzo e chegado ese momento "serán contundentes" no caso que se manteña a imputación.
A NOVA-AGE do Carballiño tampouco pide a dimisión inmediata do alcalde "máis chegado o momento, si se demostra xudicialmente pedirá a total asunción de responsabilidades políticas". Piden a convocatoria urxente dun pleno extraordinario no que "grupo de goberno e alcalde deberían dar todo tipo de explicacións á cidadanía, de non facélo entenderémos que hai cousas que ocultar", suliñan.