O BNG pide un proxecto de consenso para desenvolver no parque municipal carballiñés
Tras o episodios recentes de caida de árbores e o anuncio do goberno municipal de encargar un estudo para facer un diagnóstico da situación medioambiental deste espazo, o BNG quere que o parque do futuro se planifique dende o consenso da sociedade carballiñesa.
"Non podemos deixar a evolución do parque á improvisación e a ocurrencia do alcalde ou do concelleiro de turno, para levar a cabo este proxecto non se pode facer doutro xeito sen darlle participación á cidadanía e a todos os axentes sociais do Carballiño", proclaman os nacionalistas.
O concelleiro Marco Antonio Reboredo anunciou que o BNG presentará ante o pleno da corporación municipal unha moción na que detallarán as distintas propostas que aportan, entre elas, pedir a colaboración do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán e co Centro Superior de Investigacións Científicas "para tratar os graves problemas de erosión e degradación do solo nalgunhas partes emblemáticas do parque municipal".
O BNG tamén propón dotar ao parque dunha dotación orzamentaria anual, asi como conseguir a declaración do parque municipal como Espazo Natural de Intererse Local e inclusión no Catálogo de Árbores Senlleiras da zona onde existe esa gran cantidade de espécies botánicas diferentes.