O BNG presenta as candidaturas en Cea, Boborás e Leiro.
Os nacionalistas experimentan unha renovación na lista que presenta no Concello de San Cristovo de Cea, ónde José Mosquera Casero asume por vez primeira a responsabilidade de encabezar a candidatura do BNG. Acompañan a este profesor universitario e avogado, nos seguintes postos, Maria Elvira Fernández e Manuel Pérez, con Olga Aurora Sánchez no 4º posto. Os actuais concelleiros na Corporación Municipal, César Fernández e Josefa Gómez figuran, respectivamente, nos postos 5º e 6º da candidatura, que tivo no acto da súa presentación unha sentida lembranza para o que foi durante 20 anos o nº 1 do BNG en Cea, o falecido e sempre recordado Xosé Manuel Quintela. O novo candidato do BNG á Alcaldia de Cea, José Mosquera, recordou como neste Concello "non houbo aínda alternancia política no goberno municipal, xa que seguen mandando os mesmos desde as primeiras eleccións municipais no ano 1979". Mosquera aposta por políticas activas para recuperar a economía dun Concello "que leva 30 anos en regresión tanto demográfica como social".
Para Boborás, o BNG volve presentar a Maria Dolores Cachafeiro, igual que fai 4 anos, como a nº 1 para estas eleccións muncipais, e a Manuel González, que xa forma tamén parte da Corporación Municipal como nº 2, mentrres nos seguintes postos figuran Estela Ferradás, José Isaac Blanco, Adelaida Senra e José Luis Caride. Cachafeiro, que é a farmaceútica titular de Boborás, agarda que "o cámbeo que precisa Boborás chegue desta vez, e que a partir do 22 de maio, Cipriano Caamaño sexa pasado para o Concello".
En Leiro, O Bloque Nacionalista Galego, volve apostar por un "histórico do nacionalismo", Luis Pérez Estévez "Ficol", encabeza novamente a alternativa do BNG para o Concello de Leiro, nunha candidatura na que figura como nº 2 Marcelino Sanmarful, que ademáis será o candidato á Entidade Local de Berán. Héctor Méndez, Laura Hermida e Rebeca Paz ocupan os seguintes postos. "Ficol" considera que "o BNG afronta estas vindeiras eleccións coa garantía de acadar unhos resultados históricos".