O BNG propón "traballo, honradez e lealtad, fronte ás politicas rancias das dinastias do PP e o Pachismo"
No auditorio municipal, e a xulgar polo "aplausómetro", un público fiel e entregado á causa nacionalista, que interrumpíu en varios ocasións as intervencións que acolleu este mitín da candidatura carballiñesa do BNG. Para animar o ambiente, poucos mitineros hai en Galicia como o veterano Alfredo Suárez Canal, ó que se presentou como "o mellor conselleiro do medio rural que tivo Galiza". O Deputado do BNG chamou á movilización nestas eleccións municipais "porque son as máis importantes desde as primeiras que se convocaron, fai agora 32 anos, porque o dia 22 xogámonos o modelo económico e de país que queremos para os nosos fillos e netos". Suarez-Canal repartíu críticas tanto a "Feijóo pola súa política privatizadora e de entreguismo ó PP de Madrid" como para Zapatero "polas súas políticas económicas", que considera totalmente erráticas ó cargar a crise sobre oss máis humildes, mentres o gran capital segue enriquecendose á costa dos traballadores, labregos, autónomos e os pequenos empresarios, por eso o BNG aposta "por unha economia productiva fronte a este sistema de economia especulativa".
Bernardo García recurríu á retranca para referirse ós rivais políticos nestas eleccións, dunha parte "as dinasticas do Partido Popular, ás dos Marnotes e os Baltares", e doutra, "ó pachismo, antes con Montes e agora con Pachi Fumega, máis do mesmo". Foi o actúal concelleiro de medio ambiente e obras o único que falou de posibles alianzas post-electorais, cando chegou a afirmar que "se é necesario polo ben do Concello nos pactamos con unhos...ou con outros".
Cerrou o acto a Candidata á Alcaldia do Carballiño. Aúrea Francisco Lorenzo recordou como o BNG dera o paso de pactar cós socialistas para reconducir un goberno municipal "inestable" e o que o BNG aportou honradez, lealtad e traballo, "cando entramos no Concello os nenos da Galescola tiñan que taparse cunha manta porque pasaban frio, tivemos que arranxar a calefacción, asi é como estaba o Concello". Durante o último ano e medio de co-goberno, Aúrea Francisco felicitouse de ter solventado graves problemas para o Concello "como o do hotel Rogelia, ou a nave de protección civil, que logo será trasladada á Uceira, e pedimos unha auditoria ó Consello de Contas de Galicia". Tamén destacou a candidata nacionalista a decidida aposta do BNG por sanear o Concello, "pagouselle ós proveedores, e deseñamos un plan E que creou emprego". Tampouco se esquceu dos investimentos feitos na etapa do bipartito e que partiron do BNG, como o campo de fútbol da Uceira ou "a ampliación da residencia de maiores do Cornuval, que agora eles teñen pechada".