O BNG volve reclamar a dimisión de Marnotes e éste pide "a máxima celeridade posible á xustiza"
O Alcalde do Carballiño entende que "a demanda de infomación é algo normal nun procedemento xudicial" en referencia á que se levou do concello o axente de aduanas enviado pola xuíza que investiga a Operación Pokémon.
Marnotes non quixo, no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio aclarar a que anos corresponden os expedientes recabados, despois de transcender nagún medio que son relativos aos 7 últimos anos "nin confirmo nin desminto nada do que hoxe sae nos medios". Tampouco quixo o alcalde desvelar o nome das seis empresas das que consta solicitouse a súa relación co concello do Carballiño, tan so confirmou o alcalde que parte desa documentación tivo que recollerse no arquivo histórico que o concello do Carballiño ten na nave de servizos da Uceira, polo que se entende que a documentación solicitada remontase a varios anos atrás.
Manifestou Marnotes a súa preocupación porque o procedemento xudicial no que está imputado se prolongue no tempo "pídolle a máxima celeridade posible á xustiza, en todo caso que saiban os veciños que este alcalde vai seguir traballando cada día e que estean seguros os que en maio de 2011 votaron por un cámbeo nas polítcas neste concello e que vou seguir traballando con ese obxetivo".
Desa maneira contestaba o rexedor municipalo á petición de dimisión que volveu reclamar o BNG tras a interveción do SVA. Os nacionalistas manifestan que "ante a noticia da irrupción de funcionarios de Vixianza Aduaneira no concello do Carballiño, e respetando as actuacións xudiciais e a presunción de inocencia, o BNG ratificase na petición de dimisión do alcalde do Carballiño, para preservar o bó nome da institución e que non se vexa salpicado nos medios de comunicación por cuestións desta índole, ademáis queremos recalcar que as investigacións continúan e non foi unha cousa puntual como quería ver o propio Argimiro Marnotes".