O brote carballiñés de Covid-19 iniciado nunha reunión de amigos rexistra tres novos casos e xa alcanza as 15 persoas , e dous novos casos eleva o brote de Avión a 11 persoas
Os dous últimos brotes de coronavirus declarados en Avión e O Carballiño continúan incrementando os contaxios, con novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas.
O brote orixinado no Carballiño a pasada semana nunha reunión de amigos xa alcanza as 15 persoas afectadas, tras sumar tres novos casos notificados por Sanidade, un home de 25 anos, unha muller de 82 e un menor. Polo que respecta ao brote no municipio de Avión, contabilízanse dous novos positivos co que se eleva a once os contaxios activos, estes dous últimos son unha muller de 79 anos e un menor de idade.