O Carballiño acolle "Bioterra 2010" durante esta fin de semana
Charlas informativas, obradoiros e a Praza Maior do Carballiño convertida nunha feira de productos procedentes da agricultura ecolóxica e o consumo responsable, forman a oferta de "Bioterra 2010" que se celebra no Carballiño esta vindeira fin de semana, organizada pola asociación cultural "Pepa Loba" e a colaboración da concellería de medio ambiente do Carballiño. A Presidenta da asociación promotora, Rebeca Carreiro, adiantou no programa "A Mañá de Cope" que "serán polo menos 25 postos os que os vindeiros sábados e domingos se instalarán na Praza Maior do Carballiño" ofrecendo os seus productos, en horario de 11 da mañá atá as 9 do serán, os dous dias". Entre as actividades máis novidosas encontrarémonos cun "Banco de Sementes" no que poderémos trocar todo tipo de sementes. Celebraránse charlas informativas sobre o proxecto AEFER, de agricultura ecolóxica como fonte de emprego rural, outra sobre o funcionamento da Cooperativa de Consumo Consciente Árbore de Vigo, e unha xuntana dos grupos de consumo responsable. O sábado ás 6 da tarde, terá lugar un obradoiro de plantas mediciñais, e o domingo a mesma hora, outro obradoiro de cestería con materiais de refugallo. Desde a Concellería de medio ambiente do Carballiño, Bernardo García manifestou o apoio incondicional con esta incicitava "tan importante para o desenvolvemento sostible"