O Carballiño e Piñor conmemoran con diversas actividades o Dia Internacional das Mulleres
No concello de Piñor celébrase a "1ª Semana da Muller" con diversas iniciativas que pretenden concienciar á veciñanza na igualdade de de xénero. No concello carballiñés, ademáis dun acto institucional, tamén se programaron un concurso de fotografía, unha andaina e unha mesa-coloquio.
1ª Semana da Muller
O Concello de Piñor informa da posta en marcha dunha campaña de concienciación sobre a igualdade de xénero, para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Co obxectivo de destacar a importancia da muller ó longo da historia, os avances acadados a nivel de igualdade de xénero e a necesidade se continuar esta loita social, este ano o concello aposta pola “I Semana da Muller”, unha iniciativa que pretende acercar á poboación o tema da igualdade e facela partícipe dun modo orixinal e creativo. Con elo, dende o 8 ó 15 de marzo, as principais dependencias municipais e o Centro de Saúde de Piñor únense nesta campaña igualitaria, levando a cabo dúas accións:
1) “Piñor coa muller”: Implicación dos diferentes Departamentos municipais, de forma que cada dependencia municipal contará cun cartel conmemorativo do Día da Muller, no lugar máis visible para a poboación, destacando a diferentes mulleres recoñecidas ó longo da historia, ben sexa polos seus logros no eido da igualdade ou noutras áreas relevantes.
2) “Doces da igualdade”: para achegar o tema da igualdade de xénero á poboación, as principais dependencias municipais (Atención ó Público, Servizos Sociais, Mediambiente, Urbanismo, Padrón e Alcaldía) e o Centro de Saúde (na consulta do enfermeiro e na da médica) contarán con pequenas chocolatinas marcadas con mensaxes orixinais sobre a igualdade de xénero. A idea é transmitir ideas igualitarias en contra do machismo e a sociedade patriarcal, pero dun xeito orixinal e simbólico. Vamos a “endulzarnos”,vamos a volvernos “máis igualitarios”.
Esta iniciativa, totalmente innovadora no municipio, pretende chegar á poboación dun modo máis directo, facéndoa partícipe da loita por unha igualdade efectiva entre mulleres e homes. Un compromiso máis co III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Piñor (2014-2017).
Actos conmemorativos no Carballiño
A concelleira de Igualdade Marina Ortega deu a coñecer a programación de actividades conmemorativas do Dia Internacional das Mulleres, que se inicia o martes dia 8 de marzo cun acto institucional no salón de sesións do concello carballiñés, onde ademáis se procederá á entrega dos premios do concurso de fotografía "Unha mirada de xénero: a muller e a concilicación", que repartirá 600 euros en vales de compra nos establecementos do Carballiño Centro Comercial Aberto.
Para datas próximas quedará a celebración doutras actividades, como a "5ª Andaina O Carballiño camiña pola igualdade", que terá lugar o domingo dia 13, e unha Mesa-Coloquio sobre "A conciliación ao longo do tempo" o martes dia 15 de marzo.