O Carballiño recibirá a 700 coralistas na "XII Romaría Coral de Galicia"

2, Setembro 2015

O domingo 6 de Setembro o auditorio da Veracruz acollerá a XII Romaría de Corais de Galicia, organizada pola Fecoga (Federación de Corais de Galicia), máis de 700 voces que interpretarán dende as 19:00 horas diversas pezas que van dende populares galegas como Eu caseime por un ano, ata cancións Zulús como Siyahamba. Esta Romaría ten como xermen orixinal a xuntanza celebrada no ano 1987 na cidade de Santiago. Dende esa data ata agora foron moitas as cidades e vilas que colleron este espectáculo musical, que nesta edición chega a O Carballiño.

A romaría comenzará as 11:00 horas, ca chgada das corais a igresia da Veracruz, donde participaran na misa de 12:30,  para posteriormente acudir o concello do Carballiño onde serán recibidos polo alcalde e a corporación. 

As 14:15 está prevista a comida no Parque Municipal, onde os coralistas collerán forzas para, dende as 17:00 horas comenzar os ensaios no multifuncional. Xa as 19:00 o entorno da Veracruz será “tomado” polos coralistas para iniciar este gran concerto que terá dúaspartes, unha primeira a capela, e a segunda acompañados pola Banda Escola de Música do Carballiño. O festival rematará ca entrega dos diplomas conmemorativos da XII Romaría de Corais a todalas formacións participantes.

O concelleiro de cultura do Carballiño, Diego Fernández salientou o "orgullo" que para O Carballiño é acoller este imporante evento e o feito de que a Federación Coral Galega decidise celebralo no Carballiño, decisión na que seguramente ten bastante que ver o actuál presidente da Federación de Corais de Galicia, o carballiñés Antonio Rey Cornide.