O Carballiño acolle este 1 de maio a primeira etapa da Volta Internacional BTT a Galicia

30, Abril 2025

O Carballiño acolle este 1 de maio a primeira das catro etapas da "1ª Volta Internacional BTT a Galicia", en cuxa organización figura o Club de BTT "Os Mosqueteiros" do Carballiño.

A saída (9:30 h.) e tamén a meta á que comezarán a chegar os primeiros clasificados a partir das 12:30 horas, estarán na Praza da Veracruz do Carballiño. 

A competición, que reunirá a 250 ciclistas procedentes tanto de América, Europa como da xeografía española, percorrerá pola ruta BTT creada polo club carballiñés de BTT a través de camiños dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo.

A competición conta coa colaboración da Xunta, e das Deputacións de Ourense, Pontevedra e A Coruña.