O Carballiño acolle este sábado a ruta Panamá-Venezuela "unha celebración da vida e das súas cousas"

19, Decembro 2024

Un grupo de mozos e mozas do Carballño son os promotores desta iniciativa que vive este sábado dia 21 de decembro a súa terceira edición, a Panamá-Venezuela que foi bautizada co nome dos dous bares do Carballiño nos que se inicia e remata a ruta.

Arrancará ás 9 da mañá no Bar Panamá, con sorpresa da organización para os máis madrugadores, e rematará chegada a noite no Bar Venezuela. No camiño, outros 23 locais da hostalaría carballiñesa serán visitados polos participantes, con xantar incluido por 15 euros no Pendello.

Non faltará a animación musical, que estara a cargo de Perrito Piloto, Os 3 Galeguiños e a mítica charanga do Doctor Anchoa.

No PODCAST de COPE O Carballño podes escoitar a Elisa, Carlos, Raúl e Pablo Marino, falándonos do Panamá-Venezuela.