O Carballiño acolle o "1º Trofeo Federación Freestyle" organizado polo Club de Patinaxe Aehde
Sesenta e cinco patinadores e patinadoras de todas as idades e pertenecentes a seis clubs de Madrid, Valencia, Valladolid, A Coruña e Vigo, competirán este próximo sábado, 21 de abril, no I Trofeo Federación Freestyle.
Este torneo de ámbito nacional, que se celebrará no pavillón de deportes Paco Chao, por primeira vez na provincia, comezará ás 10,00 h., na modalidade de derrape, e prolongarase ata as 19,00 h., co resto das modalidades: clasic, battle, salto, speed slalom e jam.
O evento foi presentado esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal, e o presidente do club AHEDE, que organiza o trofeo, Uxío Álvarez.
Francisco Fumega felicitou ao club AHEDE polo traballo que desenvolve no Carballiño a prol do deporte, especialmente, da patinaxe, e por promocionar o Carballiño como sede dun evento de tanta trascendencia. “Gracias ao club e ao seu presidente –dixo-, no Carballiño adquire cada vez máis relevancia este deporte, que ata non hai moito non existía na nosa vila”.
José Manuel Dacal incidiu no agradecemento ao club e ao seu presidente polo esforzo que representa organizar un trofeo tan importante, e recordou as boas instalacións coas que conta O Carballiño para poder levalo a cabo. Tamén resaltou o beneficio que supón para a hostelería local, posto que este tipo de competición move a moita xente.
Uxío Álvarez correspondeu aos agradecementos recalcando o apoio do concello, e convidou a disfrutar do patinaxe nesta xornada na que O Carballiño ía a ser a primeira localidade da provincia en ter un trofeo de ámbito nacional. Ao respecto indicou que se conseguiu a sede tras a celebración con éxito doutros trofeos anteriores, como a Copa Deputación ou o Trofeo Vila do Carballiño. “Incluso, según dixo, cabe a posibilidade de que esta proba se poda seguir celebrando no Carballiño nas videiras edicións, o cal da boa conta do crecente importancia do club AHEDE”.
Así mesmo, ademáis da vertente deportiva, Uxío Álvarez destacou a promoción que supón para ao Carballiño, pois, debido á difusión de información sobre as cualidades turísticas da vila e comarca (patrimonio natural e cultural, balnearios e gastronomía) que lle fixeron chegar aos diferentes clubs, había delegacións algún de cuxos participantes a acompañantes ían prolongar a súa estadía na vila ata tres días.
O Trofeo Federación Freestyle consta de tres fases; a primeira celébrase este sábado no Carballiño, a segunda será en Valladolid e a treceira, en Bilbao.