O Carballiño acollerá a campaña "Mercar no teu comercio ten premio", do 21 ao 27 deste mes de outubro
‘Mercar non teu comercio ten premio’ é o nome desta nova campaña que esta mañá presentouse na sede da CEO. Esta iniciativa promocional, que pretende dar visibilidade ao pequeno comercio e dinamizar as compras nel, foi explicada pola presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, que estivo acompañada por outros membros desta entidade, os vicepresidentes Enrique García e Margarita Díaz, e o secretario Jesús de Deus.
A campaña desenvolveráse nas principais poboacións da provincia e no caso do Carballño a inciativa terá lugar entre os dias 21 e 27 de outubro, este último dia faráse o sorteo na Praza Maior do Carballiño
O funcionamento é sinxelo e accesible a calquera cliente. No período de vixencia da campaña en cada localidade, o cliente que comprase no comercio local e queira probar sorte, ten que gardar as súas tickets para trocalos por participacións o último día de campaña nunha carpa que se habilitará para este fin durante 2 horas, e na que se realizará, a continuación, o sorteo que será presencial e cunha urna onde se depositarán as participacións. Cada 10 euros de compra poderanse trocar por unha participación no sorteo e o gañador ou gañadora ha de estar presente na carpa no momento da extracción das papeletas premiadas.
En total, repartiranse 12.000 euros en formato de tarxeta prepago para gastar no pequeno comercio. En Ourense cidade póñense en xogo 2.100 euros repartidos en 4 premios de 300 euros e 18 de 50 euros; mentres que a cantidade para cada vila é de 900 euros, distribuídos en 2 tarxetas para gastar 300 euros cada unha, e outras 6 por valor de 50 euros. Esta repartición obedece ao censo tanto de poboación como de comercios da capital con respecto ás localidades participantes.
A presidenta do colectivo en Ourense aproveitou para comentar a difícil situación que atravesa o pequeno comercio, que trata de seguir resistindo #ante o panorama de crise que atravesa o sector. Por iso sinalou que campañas deste tipo son moi positivas, así como ‘necesarias para darlle visibilidade ao pequeno comercio, que é fundamental para a creación de riqueza, emprego e dinamización das cidades’.
Finalmente, Gómez cualificou de boa noticia a proposta do Concello de repartir 100 euros a cada habitante da cidade para a campaña do Nadal para destinar a comercio, hostalería e actividades profesionais, unha formulación que espera que sexa aprobado polo pleno e poida levar a cabo. Tamén confía en que a Xunta volva convocar en breve a campaña Bonos Activa Comercio, lanzada hai un ano para reactivar as compras no pequeno comercio despois das restricións ocasionadas pola pandemia.