O Carballiño agarda un record de participación na 25ª Festa da Cachucha: 1.500 comparsitas, 5 charangas e unha orquestra amenizarán a xornada
Os desfiles deste domingo, 10 de marzo, poden ser un dos máis concurridos dos últimos anos no Carballiño. O feito de que se tivese que aprazar o Concurso de Comparsas do Martes de Entroido a causa do mal tempo, contribuiu a que este domingo de piñata, celebración da 25 Festa da Cachucha, os dous desfiles previstos vaian a contar cunha participación récord de agrupacións.
Así, pola mañá, a partir das 12,00 h., farán un pasarrúas por Curros Enrríquez e a rúa do Paseo as charangas Doctor Anchoa, Castro Bello, Noroeste, Ardores e CLK, así como os folións de Fradelo, Tameirón e Arrieiros de Petín, e nove comparsas de Amoeiro.
E pola tarde, a partir das 17,30 h., con saída da rúa Otero Pedrayo e o recorrido habitual por Conde Vallellano, Xullo R. Soto, Calvo Sotelo e rúa do Paseo, terá lugar o Desfile-Concurso de Comparsas no que, ademáis das 16 comparsas que competirán polos casi 8.000 euros que hai para premios, tamén desfilarán fóra de competición outras moitas comparsas, así como os tres folións da mañá.
Este desfile irá encabezado, coma sempre, pola murga Os Liborianos, e ao remate, ás 19,00 h., terá lugar na Praza Maior a actuación da orquestra-espectáculo Principal, en cuxo escenario se entregarán os premios do concurso, así como os correspondentes á Ruta dos Mil celebrada o pasado sábado.
RESERVAS PARA DEGUSTAR A CACHUCHA
A día de hoxe, tamén están prácticamente completas as prazas para o xantar da cachucha nos 24 establecementos hosteleiros que servirán este menú, polo que prégase que aquelas persoas que ainda non teñan feita a reserva o fagan o antes posible.
REGULACIÓN PARA O TRÁFICO CON MOTIVO DA FESTA DA CACHUCHA
Este domingo, 10 de marzo, establecerase un sistema restrictivo de tráfico que afectará tanto a circulación como ao aparcamento nas rúas máis céntricas así como nas adxacentes a Otero Pedrayo.
O desfile-concurso de comparsas da tarde do domingo suporá que, a partir das 10 da mañá, non se poderá aparcar nas rúas Otero Pedrayo, Xosé Fariña Jamardo, Ben Cho Sey e Conde Vallellano.
E a partir das 5 da tarde, e mentres dure o desfile, non se poderá circular polas rúas Conde Vallellano, Xullo R. Soto e Calvo Sotelo.
Así mesmo, a rúa Martínez Avellanosa cortarase á altura de Marcelino Parrondo, e a rúa Aldara quedará cortada na praza do Cercis pola ubicación do escenario da orquestra Pincipal fronte ao concello e a Praza Maior.
Desde o concello pídese a colaboración veciñal e de visitantes para contribuir ao desenvolvemento dos actos da Festa da Cachucha, procurando aparcar e circular fóra destas céntricas rúas polas que descorrerá o desfile das comparsas e folións.