O Carballiño apúntase á moda do tapeo e gañar premios en 28 establecentos da hostelería local

4, Novembro 2015

As xornadas da tapa do Carballiño arrancan este venres dia 6 de novembro, e sucederanse as últimas fins de semana  de cada mes, atá o de Maio de 2016.

Na iniciativa, impulsada dende a concellería de turismo que dirixe Manolo Dacal, participarán 28 locais da hostelería local, que ofrecerán tapas variadas a 1 euro.

Os consumidores que participen destas xornadas poderán conseguir premios que aporta o concello carballiñés por valor superior aos 1.000 euros, asi como outros que sortearán os locais participantes nesta actividade.