O Carballiño camiña pola igualdade
As previsións de choiva na mañá deste domingo non impediron que un numeroso grupo de persoas participasen na andaina organizada pola Concellería de Benestar Social do concello carballiñés. A actividade formaba parte da programación deste departamento municipal con motivo do Dia Internacional da Muller, que se conmemora o 8 de marzo.
A camiñata saíu da Praza Maior e cubríu un recorrido dunhos 10 kilómetros polas ribeiras do Arenteiro e dando a volta por Paciños e Mudelos, regrasando ata O Carballiño. A Concelleira Purificación Alberte, que en algunhos momentos encabezou a andaina, agradeceu ao final a participación ás persoas asistentes e invitounas a seguir involucrandose nas actividades organizadas polo Concello do Carballiño con motivo do Dia Internacional da Muller.
O vindeiro xoves, 8 de marzo, procederáse á lectura dun manifesto institucional no salón de actos da casa do concello, e inauguráse unha exposición dos murais realizados polo alumnado dos distintos centros de ensinanza do Carballiño. Ademáis, este lúns remata o prazo para presentar as fotos ao 1º concurso fotográfico "Mulleres no Rural", que organizou o concello carballiñés en colaboración coa Asociación Fotrográfica O Potiños.