O Carballiño, Cea e Maside animan a festa do antroido na Comarca
Son as tres localidades do ámbito comarcal nas que se celebrará a festa do antroido. Nas vilas de Cea e Maside o dia central da celebración será o lúns 20, mentres que na capitalidade comarcal, O Carballiño, o dia grande chegará o martes 21, que ademáis será festivo de carácter local no municipio.
Trala fin de semana, na que xa tiveron lugar as primeiras actividades, o lúns de antroido as 3 vilas repartense o protagonismo festivo. A festa máis madrugadora estará en Cea, onde desde as 2 da tarde a Praza Maior da localidade convertiráse en escenario dunha celebración que contará coa presenza das Carrozas de Parada de Amoeiro. A Comitiva compartirá a tarde coa veciñanza de Cea, con xantar, música e baile. A Charanga "Cubalibre" de Segovia, animará esta xornada en Cea, e desde as 17,30 horas, tamén na Praza Maior da localidade, comezará a festa infantil do antroido, que incluirá un baile de disfraces, xogos, e talleres de maquillaxe, con monitores que interactuarán cos participantes. Cea despedirá o antroido co tradicional enterro da sardiña, o mércores 22 desde as 20 horas, a comitiva fúnebre recorrerá as rúas do pobo, con fin de festa na Praza Maior.
Os Felos serán os primeiros en deixarse ver no antroido masidao, xa desde primeira hora da tarde do lúns. As 17,30 horas partirá da Alameda o gran desfile do antroido de Maside, que repartirá 2.500 euros en achegas económicas ás comparsas participantes, que farán un recorrido polas rúas de Maside para concentrarse finalmente na Praza Maior, onde todos os participantes serán convidados a unha chocolatada.
O Carballiño organiza o lúns pola tarde, desde as 17 horas, novas actividades infantís, obradoiros de maquillaxe e un Karaoke, na Pista Roxa. E pola noite, na Praza Maior, actuará a orquestra "Paris de Noia", unha verbena de antroido que conta coa colaboración da hostelería carballiñesa.
As charangas Castro Bello e Doctor Anchoa animarán o dia grande do antroido carballiñés, na data do martes 21. As cinco e media da tarde partirá o gran desfile desde o barrio de Rapariz -Rúa Castelao- as comparsas participantes decorrerán toda a rúa Principal do Carballiño atá a Casa da Cultura. Os grupos participantes no concurso repartiránse 6.000 euros en premios. Un total de 12 comparsan tomarán parte no desfile, que abrirán Os Liborianos, destrás deles, e por este órde, desfilarán " O mar chegou ó Carballiño", "Xardín encantado" da asociación Lamsbricae de San Amaro, "Os Zíngaros" de Aspadisi, "Ximnasio o corpo non para", "As Monarcas" do Irixo, "Os Parrandeiros", "Anxos e demonios " de San Amaro, "O bosque desanimado" comparsa da Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non", "Os gatos con botas" dos Azucarados de Maside, "Os arrieros de Dacón 25 anos", e cerrarán "Os Bombeiros" de Toscaña.
Desde as sete e media da tarde a orquestra "Nevada" será a encargada de animar a festa na Praza Maior . Xa o mércores, ás 20,30 horas, a asociación "Aspadisi" encargaráse de animar o ritual do enterro da sardiña.
O Carballiño aínda deixará pendiente para o domingo de piñata a celebración da Festa da Cachucha, o domingo 26, un cámbeo na data na súa celebración acordada polos responsables municipais coa idea de potenciar esta cita festivo-gastronónima. 15 restaurantes do Carballiño ofrecerán un menú a base dun cocido de antroido con prezos que van dos 9 aos 30 euros. Catro charangas e unha orquestra animarán a xornada.