O Carballiño celebra o Día das Letras Galegas. Nos concellos da comarca, grupos políticos critican a ausencia de actos conmemorativos.
O concello do Carballiño celebrou este mediodia un acto institucional conmemorativo do Día das Letras Galegas, celebrado na Praza Aquilino Sánchez, e con especial protagonismo para o alumnado do Conservatorio de Müsica do Carballiño que interpretaron o himno galego e outras pezas musicais representativas da música galega.
Membos da corporacion municipal e algúns veciños acompañaron este acto no que se inauguraron os murais dedicados a Florencio Delgado Gurriarán e Rosalía de Castro.
Nalgunhos concellos, os grupos da oposición criticaron a ausencia de actos conmerativos do Dia das Letras Galegas, como no concello de San Cristovo de Cea onde o BNG lamentou que o goberno municipal non teña en conta a organización de actividades nestas datas e anunciou a presentación dunha moción ante o pleno da corporacón na que instan ao concello a organizar "con anticipación suficiente, difunda e desenvolva un mínimo de actividades para unha celebración digna do dia das letras galegas, tamén que apoie as mobilizacións en defensa da linga galega convocadas como cada 17 de maio". No concello de Leiro, o grupo socialista critica que "o concello non faga ninunha alusión nunha data tan sinalada".