O Carballiño celebra o "Día Internacional da Muller" con diversas convocatorias
O salón de sesións do concello do Carballiño acolleu este 8 da Marzo un acto institucional con motivo do "Dia Internacional da Muller", no que se procedeu á lectura dun manifesto a cargo da concelleira de igualdade, Marina Ortega.
Á unha da tarde, a Praza Maior foi o escenario dunha concentración no marco do paro de mulleres convocado para esta xornada.
A conmemoración do 8 de Marzo tamén tivo repercusión nos centros de ensinzanza, onde tamén se reivindicou a igualde, precisamente na fotografía que publicamos podemos ver un momento do acto celebrado no IES nº 1 do Carballiño.