O Carballiño celebrará as Festas do San Cibrao, do 16 ao 19 de Setembro
Do calendario festivo caen os dias 14 e 15, que tradicionalmente son de ambiente festivo no Setembro carballiñés.
As festas de San Cibrao iniciaránse este ano o dia de feira, o mércores 16 de Setembro, e concluirán o sábado 19 cun concerto musical de grupos locais.
Durante os 3 dias de programación festiva -do16 ao 18- ofrecerán pasarrúas e concertos as bandas de música de Ramirás, Noia e O Carballiño. As verbenas estarán amenizadas polas orquestras Paris de Noia, Sintonia de Vigo, Costa Oeste e La Oca, e polo dia, animarán O Carballiño as charangas Castro Bello, Anchoa, XL, Roubabicos e O Santiaguiño.
Ademáis, celebraráse unha única sesión de fogos artificiais, na noite do 16, e están programados dous concertos a cargo do grupo folk "Lúar na Lubre" e a incombustible banda de rock "La Frontera".
O concurso de gando, do que o alcalde Paco Fumega destacou "que é o único que sigue celebrandose na provincia" presentará algunhas actividades complementarias, como unha exposición fotográfica sobre este tradicional concurso, e tamén unha exposición de material agrario.
A aportación municipal a estas festas do Setembro será de 36.000 euros, según avanzou o concelleiro de ocio, Manolo Dacal.
Pola súa parte, o concelleiro de cultura, Diego Fernández, destacou a celebración de outras actividades que se van celebrar no Setembro carballiñés, e que tamén contan con colaboración municipal, como é o Festival de Teatro Galego ou a Feira de Artesanía do barrio de Flores.