O Carballiño, con 11.338 habitantes, ocupa o posto 17 dos núcleos de poboación de Galicia. Na zona rural do municipio tan so quedan 2.689 persoas.

27, Febreiro 2020

Asi se desprende dos datos oficiais do INE, recollidos a través do último Padrón de habitantes, e que converten a O Carballiño no núcleo poboacional número 17 de toda Galicia.

Por diante do Carballiño (11.338 habitantes), e a maiores das sete grandes cidades, figuran os núcleos de Narón (32.655) Vilagarcía (19.742) Carballo (19.002) Monforte (16.043) Marín (15.935) Ribeira (13.545) Milladoiro (13.149) Arteixo (12.656) e Ponteareas (11.494).

Completan a poboación municipal carballiñesa as 2.689 persoas que están empadronadas no conxunto das 15 parroquias do rural, e que dan o número total de habitantes do municipio no último Padrón, 14.027 persoas.

Non obstante, o alcalde do Carballiño Francisco Fumega asegurou no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño que a dia de hoxe, e tendo en conta o Padrón contínuo, o número de habitantes empadronados supera xa as 14.300 persoas. 

Tamén subliñou o rexedor municipal que dos datos que manexa o concello "a poboación do Carballiño achégase aos 18.000 habitantes, se temos en conta a gran cantidade de veciños que viven no Carballiño e están empadronados noutros concellos da Comarca".