O Carballiño, con todo preparado para recibir aos miles de visitantes que se esperan na fin de semana da festa do pulpo
Según as previsións municipais O Carballiño podería recibir este próximo domingo ata os 90.000 visitantes, con motivo da 53 edición da festa do pulpo.
No recinto do concello xantarán arredor das 1.500 persoas desde as 14:30 horas, antes e despois desa hora tanto no Carballiño como no parque municipal miles de persoas gozarán da maior pulpada do mundo.
A ocupación hoteleira no Carballiño será plena durante a fin de semana, a practica totalidade dos hoteis e pensións -O Carballiño ronda as 500 prazas hoteleiras- estarán ocupadas, xa reservadas con moita antelación.
Máis de cen peñas inscribironse no concurso de camisetas, que suman máis de 2.000 peñistas, novo record de participación nesta actividade festiva.
O concelleiro responsable da organización da festa, Manolo Dacal, e as integrantes do grupo musical Andasoa, Alicia González e Sonia González, presentaron o festival folclórico "unha volta polo medio e outra polo arredor", que incluirá como novidade na festa deste ano unha alborada que partirá ás 10:30 horas de forma simultánea dende diversos barrios do Carballiño para confluir na Praza Maior, para iniciar desde aquí o gran desfile con todos os grupos participantes ata o parque municipal, onde actuarán a partir das 12 do mediodia. Pola tarde reanudaráse o festival dende as 17 horas.
Participarán os grupo Orcellón do Carballiño, Lembranzas de Bergantiños de Carballo, Donas e Galáns de Ferrol, O Torreiro de Priegue de Nigrán, Zurrumalla de Vigo e Coanhadeira de Ourense.