"O Carballiño contigo" mobiliza 120.000 euros para gastar ata o 21 de novembro no comercio e hostelaría local
Segunda edición desta campaña de promoción do comercio e hostalería do Carballiño que financia cunha aportación de 60.000 euros o concello carballiñés en colaboración co Centro Comercial Aberto. Como queira que os clientes aportan idéntica cantidade, o diñeiro mobilizado ascenderá a total de 120.000 euros.
Son en total 2.000 as tarxetas que se poñen a venda dende este mércores dia 20 de Outubro na oficina de turismo da Alameda, cada tarxeta ten un prezo de 25 euros e vai cargada con 50 euros. Cada persoa poderá retirar un máximo de 3 tarxetas, as que se retiren en nome de outras persoas necesitarán unha autorización e fotocopia do DNI. O horario de despacho das tarxetas, ata que se agoten, será de 10 a 14 horas, e polas tardes de 17 a 21 horas.
Haberá de prazo ata o próximo dia 21 de novembro para poder gastar os 50 euros da tarxeta en calquera dos establecementos comerciais e de hostalaría que participen na campaña, ainda dispoñen de prazo ata este dia 20 de Outubro para adherirse. Na primeira edición desta campaña "O Carballiño Contigo" no pasado nadal participaran daquela 145 establecementos.