O Carballiño converteráse nun gran escaparate de coches deportivos con modelos Ferrari, Lamborghini ou Porsche, entre outras marcas.
Os afeccionados ao mundo do motor volverán a ter esta fin de semana unha cita no concello do Carballiño. Se a primeiros de xuño os protagonistas eran os vehículos participantes no Rally de Clásicos e Antigos de Ourense, que fixeron parada no Carballiño, para este sábado dia 10 está prevista unha concentración de coches deportivos con algún modelo valorado en 1.500.000 euros.
En total, haberá un cento de vehículos deportivos no corazón da vila e os veciños, veciñas e visitantes que se acheguen á Praza Maior poderá ver algunhas marcas como Ferrari, Lamborghini ou Porsche. Segundo a programación, ás 12.30 horas arrancarán para realizar unha ruta que rematará as 14.30 horas no mesmo punto e onde xa se instalou unha carpa na que se levará a cabo o xantar.
Agárdase que esta iniciativa volva a atraer a centos de persoas ao Carballiño, dinamizando a economía local e como xa ocorreu en pasadas edicións, remarcan dende o concello do Carballiño.