O Carballiño debe o seu topónimo a un carballo que existía nunha pousada de arrieros á beira da Praza Maior, acredítao o testemuño do tataraneto dun dos primeiros habitantes do lugar
O nome do Carballiño, como acontece con tantos outros pobos, ten que ver co lugar no que naceu. Os estudosos da toponimia coinciden nesto, pero discrepan na súa orixe, aínda que parece prevalecer a teoría do apelativo cariñoso, que en galego adopta ser un diminutivo. Desta maneira, O Carballiño indicaría afecto por ese lugar poboado con carballos ou acaso a algún carballo singular, que destacase sobre os demáis.
Pois sendo asi, ese carballo podería ser o que existía onde se edificou nunha das primeiras pousadas de arrieiros que houbo no Carballiño anos despóis de os monxes de Oseira crearan a feira que deu lugar o nacemento do pobo, a súa ubicación coincide na actualidade cun edificio á beira da Praza Maior "a casa da famlia Garriga", entre as rúas Carmen e Cesáreo Tizón, a apenas unhos poucos metros da casa do concello.
Quen esto acreditou foi Jesús Álvarez Rodríguez, xa falecido fai anos e carballiñés do barrio de Flores, nunha entrevista con Xan Pinal gravada en 2001, e emitida esta semana no espazo de COPE O Carballiño "Aquel pobo, aquela xente".
Este home, identificado como o tataraneto dun dos primeiros habitantes do Carballiño, contounos ademáis que a primeira casa que se construíu no Carballiño, precisamente a do seu tataravó, situábase á beira do Carrás, na zona onde moitos anos despóis estaba o matadoiro municipal, xa desaparecido. Despoís, construira unha segunda vivenda xa no actual barrio de Flores. Era cordaneiro, facía cordas, e orixinario das terras de Maceda. Historia que se foi transmitindo de xeneración en xeneración nesta familia.
O audio deste documento pode escoitarse nesta mesma WEB, na sección de PROGRAMA, correspondente ao dia 7 de Novembro de 2019.