O Carballiño despide a Josefa López Lemos, nai de 14 fillos, unha familia carballiñesa entre as máis numerosas de toda España.
O Carballiño despide este sábado dia 25 de marzo de 2023 a unha muller e nai de 14 fillos, veciña do barrio da Uceira, tras o seu falecemento aos 88 anos de idade.
Josefa López Lemos, era viuva de José Fernández López, formaron unha familia de 16 membros xunto aos seus 14 fillos -3 deles xa falecidos- entre as familias numerosas máis grandes de España.
Na actualidade, e según os datos do INE de 2021, hai 142 familias repartidas por toda a xeografía española que teñen máis de 9 fillos, un número que superou con creces este matrimonio, chegados dende Chantada na década dos anos 70 do século pasado a O Carballiño, que daquéla vivía o gran "boom" da construcción e José traballaba de albanel.
Nos anos 70 aínda era bastante común que as familias carballiñesas tivesen unha media de 3 fillos, hoxe -igual que no resto de Galicia- o número medio de fillos por muller é de 1,01.
Este sábado dia 25 de marzo, ás catro da tarde, a súa familia, veciños e amigos, despiden á señora Josefa no cemiterio parroquial de Arcos, unha muller e nai que soubo sacar adiante unha familia numerosa entre as máis numerosas de toda España, e nunhos tempos nos que a vida non era tampouco precisamente un camiño de rosas.