O Carballiño e Avión pasan dende o sábado a nivel alto de restricións: pecha o ocio nocturno e a hostelería seguirá aberta pero os clientes deberán ter pcr negativa ou certificados de vacinación ou de inmunidade para entrar no interior dos locais.
Os dous municipios, tanto O Carballiño como Avión, pasarán a nivel alto de restricións a partir das 00:00 horas deste próximo sábado 24 de Xullo.
Ainda asi, a principal novidade é que a hostelería poderá seguir aberta e atendendo tanto en terraza como en interiores, aínda que neste último caso, para consumir no interior dos locais, os clientes deberán acreditar unha PCR negativa das 72 últimas horas, ou ben un certificado de vacinación ou mesmo de ter pasado a enfermidade. Os aforos pasan a ser do 50% de ocupación tanto en interiores como en exteriores, os menores de 12 anos non precisarán esta documentación.
Ademáis, en ambos concellos deberá permanecer pechado o ocio nocturno, polo que todos os locais de hostelería, sen excepción, pecharán ás 00:01 horas.
O Carballiño chega hoxe dia 21 de Xullo aos 100 contaxios activos e Avión manténse nos 31 casos de coronavirus. Tamén incrementan os contaxios Boborás, que xa ten 16 e Beariz, que acumula hoxe 11 contaxios de coronavirus. Tamén rexistra un contaxio máis que onte Piñor, e Punxín -que se mantiña ata onte libre de contaxios- rexistra hoxe o seu primeiro caso nesta quinta onda da pandemia.
Outros dous concellos da comarca carballiñesa, os de Beariz e Boborás, entrarán en nivel medio de restricións, tamén a partir das 00:00 do vindeiro sábado.