O Carballiño e Boborás rexistran un "enxame sísmico" con cinco pequenos terremotos nun intervalo de 14 horas
A comarca do Carballiño viviu cinco movementos sísmicos que foron desde as 16,30 horas deste pasado sábado ata as 6,45 da madrugada do domingo, os cales foron rexistrados polo Instituto Xeográfico Nacional.
O primeiro tivo lugar en Boborás e foi de intensidade baixa, 1.8 mbLg. O segundo, de mesma intensidade, tamén se localizou en Boborás, ás 17,00 horas. O terceiro, e o último que tivo lugar á tarde, ocorreu ás 18,30 horas, cunha intensidade tamén de 1.8 mbLg. Tras unhas horas tranquilas, as profundidades do Carballiño volveron tremer. Ás 21,00 horas, un tremor de 2.3 mbLg, o de máis intensidade, afectou a O Carballiño. Xa a primeira hora dá mañá, ás 6,45 horas, un último sismo, o máis lixeiro de todos, de novo con epicentro no Carballiño , cunha intensidade de 1,6 mbLg.
Os pequenos terremotos son considerados totalmente normais, o que xa ten carácter máis excepcional é esta sucesión de tremores de terra en tan pouco tempo, un fenómeno menos habitual e que se coñece como un “Enxame sísmico”