O Carballiño e Braga estreitan vínculos nunha nova edición da ruta das tapas na hostalaría local
O Carballiño e Braga son dúas das cidades e vilas galegas que forman parte da asociación do Eixo Atlántico, a quen está dedicada a ruta das tapas do Carballiño deste mes de maio, os próximos venres 6 e 13 en horario de 20:00 a 23:00 horas. Na APP "Quedamos de Tapas" encontrarémos a información detallada dos locais participantes a a súa oferta gastronómica, con tapas a 2 euros.
Na presentación do evento estivo o máximo responsable de turismo da Cámara Municipal de Braga, Antonio Barroso, que mostrouse encantado de poder visitar un pobo "tan boníto e simpático como O Carballiño" e recordou como a súa cidade acollera no seu día a presentación da Festa do Pulpo "trátase agroa de aproveitar esta colaboracíón e promocionar turísticamente Braga no Carballiño e Galiza", dixo.
Como anfitrións exerceron o concelleiro de cultura Diego Fernández, e o alcalde Francisco Fumega, que incidíu na necesidade de explorar as posibilidades conxuntas que para unha asociación como o Eixo Atlántico ofrecen os fondos NEXT GENERACIÓN. O rexedor municipal tivo palabras de recoñecemento para os profesionais da hostalaría carballiñesa "que souberon saír adiante nos tan complicados tempos da pandemia"