O Carballiño mellora a sinalización turística e patrimonial, cunha subvención da Xunta
O Carballiño amplía a sinalización turística do patrimonio histórico-artístico e etnográfico do municipio, co obxectivo de ofrecer a información máis ampla sobre os monumentos de interese que se poden visitar na vila e nas parroquias carballiñesas.
Así, no entorno do Parque Etnográfico do Arenteiro, que é un lugar moi transitado por veciños e visitantes, instalouse un panel cun plano do municipio, que inclúe unha guía de referencia e situación de trinta emprazamentos de monumentos de relevancia patrimonial.
Neste mesmo lugar, instalouse outro panel con ampla información da antiga fábrica de papel da Lavandeira e da súa importancia como parte esencial do patrimonio industrial do Carballiño no século XIX.
Para este proxecto cóntase coa colaboración da Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, que financia a iniciativa.