"O Carballiño na auga" oferta ás persoas empadronadas maiores de 16 anos sesións gratuítas de pilates e ioga termais no balneario das Caldas de Partovía

A iniciativa está impulsada pola Concellería de Deportes do concello do Carballiño e financiada a través do Plan de Cooperación da Deputación, e ten como obxetivo a promoción do exercicio físico entre a poboación carballiñesa maior de 16 anos de idade, co único requisito de figurar inscritos no Padrón Muncipal de Habitantes.
Serán dúas sesións gratuítas ao mes para todas as persoas participantes neste programa, que se levarán a cabo nas instalacións termais do balneario das Caldas de partovia, e serán os lùns de 4 a 5 da tarde para as sesións de pilates, e os mércores de 8 a 9 da noite para as sesións de ioga.
Para realizar as inscricións, as persoas interesadas poden facélo acudindo á Área de Deporte ou a través da APP do concello do Carballiño.
Escoita aquí ao concelleiro de deportes Pepe Castro-Gil, e a directora xerente das Caldas de Partovia, Eva Álvarez: