O Carballiño, o concello máis xoven da comarca con 48,08 anos de idade media, e O Irixo o máis envellecido con 61 anos.
A comarca do Carballiño continúa aumentado a súa media da idade cada ano que pasa, según os últimos datos que se corresponden aínda ao ano 2019, a maioria dos concellos están preto de alcanzar os 60 anos de idade media, unha barreira que xa superan os concellos do Irixo e Beariz.
Os municipios "máis xóvenes" pero aínda asi "maiores" en relación coa idade media galega e española, son os do Carballiño, con 48,08 anos, e Maside, que chega aos 52,56 anos. A idade media española está nos 44 anos, e a galega nos 47,24 anos.
Pero aínda máis envellecidos están os outros sete municipios da comarca carballiñesa, con O Irixo á cabeza e xa 61 anos de media da súa poboación, de preto séguelle Beariz con 60,07 e San Cristovo de Cea con 58,05. E camiño de ser "sesentós" tamén se sitúan San Amaro con 57,53 anos de idade media na súa poboación, Boborás con 57,45 anos , Punxín con 57,37 anos e Piñor, que conta cunha media de 56,02 anos.