O Carballiño pasa a nivel 3, aumentan as restricións aínda que se permite a mobilidade, os contaxios activos no Carballiño xa son 106. No resto dos concellos a situación manténse estable.
Continúa outro dia máis empeorando a situación epidemilóxia no Carballiño, que suma 21 contaxios activos en coronaviruas nas últimas 24 horas, pasado dos 85 casos notifificados onte por Sanidade aos 106 casos de contaxios contabilizados neste venres dia 9 de Outubro.
O Carballiño pasa a nivel 3, aínda que de momento non se restrinxe a mobilidade como acontece en Ourense e Barbadá, de momento ainda está permitido os desplazamentos fora do municipio. As restricións afectan sobre todo á hostelería, bares e cafeterías non poderán atender no interior dos locais, tan só en terrazas. Os restaurantes limitarán os aforos nos seus comedores ao 50% do aforo, e so poden atender a grupos de ata cinco persoas.
As novas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas deste sábado dia 10 de Outubro.
O resto dos concellos da comarca, nos que a situación epidemiolóxia manténse estable, continúan en nivel 2. As únicas variacións en relación a onte danse nos concellos de Boborás, que descende aos 9 os contaxios activos e O Irixo, que aumenta un caso e alcanza os catro. Non hai alteracións nos datos dos demáis concellos.
A Consellería de Sanidade decidiu elevar o nivel de restricións no concello do Carballiño e aplicarlle as medidas do nivel 3. Así o decidiu logo da xuntanza do subcomité clínico que tivo lugar hoxe e na que se fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia.
Deste xeito, aumentan as restricións xa existentes no concello e estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.
Estas medidas publicaranse hoxe no DOG e entrarán en vigor dende esta medianoite.
Tras analizar a situación epidemiolóxica da covid-19 na comunidade, o subcomité clínico non considerou necesario establecer novas restricións noutras zonas, agás as xa mencionadas no concello do Carballiño. Deste xeito, a día de hoxe, Ourense, Barbadás e O Carballiño están en nivel 3, coas restricións de hostalería anteriormente ditas, ademais da prohibición de xuntanzas de persoas que non vivan xuntas e engadindo a redución da mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás.
No nivel 2 de restricións continúan os concellos do Ribeiro, os concello da comarca do Carballiño (agás concello do Carballiño).
Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto. Ademais, no concellos de Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño tamén están prohibidas as xuntanzas de persoas que non vivan xuntas.
Con estas medidas, a intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.