O Carballiño promociona en FITUR a riqueza termal, gastronómica, natural e cultural como principais recursos turísticos
concello do Carballiño expuxo na Feira Internacional de Turismo “Fitur”, que se celebra en Madrid, as súas propostas para a promoción do turismo durante este ano 2020, e que son: a oferta termal, a gastronomía e o patrimonio natural e cultural.
Nun acto que tivo lugar hoxe no stand de Galicia, e dentro dunha iniciativa do Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño, o teniente alcalde e concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, falou das propiedades terapéuticas das augas dos balnearios carballiñeses, en contraposición a outras ofertas termais baseadas máis no relax que na curación de doenzas. Destacou o proceso de modernización recente do Balneario das Caldas de Partovia, e a ampliación das instalacións que vai acometer o Gran Balneario segundo un proxecto do presitixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura.
“Temos dous balnearios: o Gran Balneario e o de Caldas de Partovia, e unha fonte termal pública: o Bañiño de Arcos. A principal característica destes mananciais reside nas propiedades das súas augas. Esta é a gran diferenza do Carballiño con respecto a outro tipo de ofertas termais, máis vinculadas a actividades de relax que ao tratamento terapéutico de determinado tipo de doenzas. Son augas indicadas para procesos epidérmicos, hepáticos, gastrointestinales, respiratorios, circulatorios e de metabolismo, entre outros, e que durante moitos anos contribuíron a que os nosos balnearios teñan unha boa consideración tanto por parte do colectivo médico como dos usuarios”, dixo Manuel Dacal.
“O Balneario de Caldas de Partovia é unha instalación moderna que ofrece os servizos termais máis vangardistas. A súa historia remóntase á época romana, pero a súa configuración actual é moi recente, e os seus baños teñen un sinal de calidade acorde coas esixencias actuáis”, seguiu dicindo o concelleiro, e “o Gran Balneario inaugurouse no ano 1900, pero está a piques de comezar as obras dun ambicioso proxecto de ampliación e modernización das súas instalacións. É un proxecto deseñado polo prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura en dúas ocasións. O elemento máis simbólico do proxecto é unha piscina cuberta cunha cúpula acristalada que permitirá ver a magnífica paisaxe do río Arenteiro e do propio parque do balneario mentres se goza do baño”.
Según Manuel Dacal, “son melloras que incidirán na revalorización dos nosos recursos termais, e que nos situarán na vangarda dos balnearios de Galicia”.
XEODESTINO O RIBEIRO-O CARBALLIÑO
O concelleiro compartiu o estrado co presidente do xeodestino O Ribeiro-O Carballiño, Francisco Fernández; o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuelo Casares, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. E tamén se referiu aos tres pilares que sosteñen, xunto co termalismo, a oferta turística do Carballiño, como son: a gastronomía, o patrimonio natural e o cultural.
Así, falou da Festa do Pulpo, do Parque Municipal, do conxunto etnográfico do Arenteiro e dos sendeiros.
Dixo que se está ultimando a elaboración do programa da 58 Festa do Pulpo coa perspectiva de acadar este ano a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, cuxos criterios para a concesión foron modificados recentemente polo Ministerio de Comercio, Industria e Turismo.
PÁXINA WEB DA FESTA DO PULPO EN INGLÉS
Entre os novos requisitos figura que a festa conte cunha páxina web propia e que estea traducida ao inglés.
Neste sentido, Manuel Dacal asegurou que hai uns días completouse a traducción ao inglés da páxina www.festadopupodocarballino.com , polo que xa se cumple este criterio, e que polo tanto xa non debería haber impedimento para que a Festa do Pulpo poda conseguir este ano a internacionalidade.
Durante a exposición da proposta termal e turística do Carballiño, proxectáronse nunha gran pantalla imaxes dos balnearios e dos principais recursos turísticos carballiñeses.