O Carballiño promociona a súa oferta turística en INTUR Valladolid, coa presenza da asociación "Pulpeiras e pulpeiros do Carballiño-Arcos". Tamén estará representada a marca "O Irixo"
O concello do Carballiño confirma por medio do concelleiro de turismo Manolo Dacal, que estará presente na Feira Internacional do Turismo de Interior -INTUR- que se celebra en Valladolid do 18 ao 21 deste mes de novembro de 2021.
O concello do Carballiño promocionará a súa oferta turística no Stand do Inorde, onde tamén participará unha representación da Asociación de Pulpeiros e Pulpeiras do Carballiño-Arcos.
Asemade, por vez primera, acudirá a este evento de promoción turística o concello do Irixo, dando a coñecer a "marca O Irixo".