O Carballiño, protagonista nas "Xornadas de Pulpo á Feira" que se celebran en Avilés, nas que foi recoñecida a traxectoria do pulpeiro carballiñés Paco Gómez
A cidade asturiana de Avilés celebra estes días unhas xornadas de pulpo á feira, e con este motivo onte entregáronse os galardóns “Comensal de Honra Álvaro Cunqueiro”, un evento que tén un gran recoñecemento gastronómico en Asturias, e un de cuxos galardoados foi o Mestre pulpeiro carballiñés Paco Gómez, que rexenta demais sete negocios hostaleiros en Asturias.
Ao acto asistiu o teniente alcalde e concelleiro de Turismo do Carballiño, Manuel Dacal, quen se referiu á boa relación que existe entre Asturias e o Carballiño dende hai moito tempo, e que por eso antes da pandemia dedicóuselle unha edición da Festa do Pulpo a esta comunidade e se fixo unha presentación en Xixón.
Ao respecto, tanto no acto, ao que asistiu a teniente alcaldesa de Avilés, como na prensa, concretamente, no xornal La Nueva España, destacouse a forte ligazón comercial que houbo entre Avilés e O Carballiño no século XVIII. “José Alvarez, natural de Avilés, casa en Carballiño con Josefa Sotelo (heredera del párroco de Arcos). Su casa, herencia del cura, es la primera del actual Carballiño. José Alvarez abre una ruta comercial con Avilés que permite el intercambio comercial además de atraer gente asturiana a Carballiño y viceversa. Gracias a esta ruta que iba por Monterroso, Melide y Ribadeo se facilita la entrada de pulpeiras de Arcos en estas ferias. A Carballiño llegan y se instalan comerciantes asturianos como los Lastra, Bermúdez, Graña y Quintanas”.
O historiador carballiñés e integrante do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Carlos Montes, ten documentado que “do Carballiño en Avilés instálanse as familias Conde e Pazo. Estamos falando do ano 1.785. Esta ruta Carballiño - Avilés durou máis de 150 anos”, asegura. “Moitos matrimonios en Arcos neses anos tiñan de testigos a comerciantes de Avilés”, afirma o investigador das orixes do Carballiño, que publicou un libro con este título e cuxas pescudas están a ampliarse nos roteiros urbanos que organiza o Centro de Estudios Chamoso Lamas.