O Carballiño recibe da Xunta a nova Praza do Templo da Veracruz

20, Xuño 2013

O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras entregou ao concello do Carballiño unha obra na que a Xunta investíu 1,2 millóns de euros.

Hernández destacou o esforzo realizado polo Goberno autonómico para executar unhas actuacións que teñen por obxectivo o realzamento de este templo de gran valor arquitectónico. Engadiu que un proxecto como este, do arquitecto Antonio Palacios, necesitaba unha contorna á súa medida. “Á vista do resultado, hoxe pódese afirmar que O Carballiño ve finalizado o proxecto máis esperado da última década”, afirmou.

Salientou o traballo e colaboración de todas as administracións implicadas, xa que se conseguiu harmonizar as distintas sensibilidades para acadar un resultado óptimo, que contribuirá a poñer en valor un dos principais referentes turísticos do Carballiño.

Hernández recordou que este proxecto foi posible grazas á súa inclusión dentro do Plan Hurbe, co que o goberno galego puido levar a cabo máis de 60 actuacións noutros tantos concellos galegos e que se traducen nun investimento de 86 millóns de euros para os municipios.

O conselleiro manifestou que estas cifras só teñen importancia na medida en que responden ao obxectivo de recuperar os espazos de encontro para mellorar as posibilidades de lecer dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial fixando poboación no medio rural.

O alcade do Carballiño, que recibíu a obra en representación do concello, salientou que "non a recibimos nos, senón todos os veciños porque este entorno é deles".

Marnotes dixo que era un dia grande para O Carballiño "é un deses días dos que se pode asegurar que quedará escrito e reseñado na historia do noso pobo, pois o que aquí se simboliza non é mais que a realidade do que todos os veciñós e veciñas do Carballiño, tíñamos desexado dende fai 20 anos".

Na súa intervención, o rexedor municipal agradeceu a implicación do conselleiro con esta obra, tamén tivo Marnotes recoñecementos para a Asociación Adro Novo "por recoller as sensibilidades do pobo e a todos os concelleiros e concellieiras que durante os distintos mandatos municipais puxereon o seu grao de area para que fose realidade o dia de hoxe".

Urbanización executada
Os traballos executados melloraron unha área de máis de 8.000 m2, que consistiu na pavimentación e implantación dos servizos urbanísticos de abastecemento e saneamento, enerxía eléctrica, alumeado público e telefonía.

Cómpre recordar que na actuación final se tiveron en conta as propostas de colectivos veciñais, do Concello e da Igrexa como a conservación integral da zona axardinada existente ao sur do templo ou do trazado actual do muro que delimita os xardíns pola rúa dos Canteiros.

Este proxecto de urbanización e pavimentación tamén implicou a rectificación do trazado dos pavimentos das beirarrúas da rúa dos Canteiros, adaptado ao muro de perpiaños citado no punto anterior. Tamén se reservou unha zona para actos públicos na confluencia da rúa dos Canteiros con Antonio Palacios, aproveitando o desnivel con escalinatas a modo de chanzos.

Construíuse unha nova rampla de acceso ao templo, con pendentes adaptadas, e levouse a cabo a mellora do contorno da mesma: enlousado de pedra nos pavimentos da rampla e das zonas de conexión coa rúa Evaristo Vaamonde e demolición dun muro de formigón. Realizouse unha redución do ancho do viario de conexión entre a rúa Vaamonde e a praza de San Ramón, de dimensión máxima de 8 metros, incluíndo beirarrúas e pavimento lastrado.