O Carballiño recibíu a 33.547 turistas no primeiro semestre de 2024, según os datos publicados polo INE.
O número de turistas que visitaron o municipio do Carballiño entre xaneiro e xullo deste ano 2024 ascendeu a tun total de 33.547, dos que 30.771 foron de orixe nacional e 2.776 de orixe internacional.
Asi o acredita o Instituto Nacional de Estadística, nun informe no que se recolle os turistas chegados a cada municipio español, en base á mobilidade dos teléfonos móbiles, e tendo en conta as persoas que pernoctaron como mínimo unha noite dentro do municipio.
Se comparamos o número de turistas que durante o primeiro semestre de 2024 visitaron O Carballiño cos datos do ano anterior, 2023, vemos que representa un incremento do 9,4%.