O Carballiño recupera este sábado a feira "completa", coa totalidade dos postos. O concello convida a participar na mesma con "responsabilidade".

25, Febreiro 2021

A totalidade dos postos que cada quince dias se instalan na feira do Carballiño poderán volver facélo este sábado dia 27 de Febreiro, unha vez que O Carballiño figura no nivel 3 de restricións en vigor deste o 26 de Febreiro. Este mes, que so ten 28 dias, o derradeiro cadra en domingo e en consecuencia a feira adiántase ao dia anterior.

Asi ven de comunicalo o concello do Carballiño "logo da retirada de parte das restricións que dificultaban a realización da feira, a concelleira de servizos públicos, Rosa Fuentes, anuncia que o sábado 27 de febreiro volverán a ter presenza na vila todos os postos adxudicados, xa que nas anteriores edicións só estiveron presentes os postos de agro e alimentación". Ademáis, nestas últimas feiras a hostelería estivo pechada.

En todo caso, o concello carballiñés recorda que "os postos deberán ter unha separación de 1'5m entre os mesmos e cumprirán as normas vixentes en materia sanitaria. Ademais, Rosa Fuentes, fai un chamamento á veciñanza e aos visitantes para que disfruten da feira con responsabilidade e prudencia".