O Carballiño rexistra 8 contaxios activos, Piñor 1 e O Irixo 1. Os concellos do Ribeiro suman 30 casos de coronavirus.
![](https://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/vacunacion-contra-la-covid-19-convencer-mejor-que-obligar.png?itok=1LYBKPdk)
Os datos correspondentes ao domingo dia 4 de Xullo elevan a 30 os contaxios activos nos concellos do Ribeiro, con Ribadavia á cabeza con 18 casos, tamén se rexistran novos contaxios no concello da Arnoia que xa suma 5 casos, Avión 2, Carballeda de Avia 2, Cortegada 1, Cenlle 1 e Melón 1.
Mellor continúa resistindo ante o coronavirus a comarca do Carballiño, aínda que na capitalidade comarcal os contaxios activos soben hoxe ata os 8, continúan con 1 caso O Irixo e Piñor, respectivamente.