O Carballiño rexistrou 12 novos contaxios nos últimos 14 dias, e mantén 16 activos. Beariz, á cabeza na comarca con 30 casos.
A incidencia acumulada durante os últimos 14 dias no municipio do Carballiño rexitra un total de 12 novos contaxios de coronavírus confirmadas por probas diagnósticas practicas polo Sergas, mentres que o núnero de contaxios activos descende hoxe en dúas persoas, e quédase en 16. Tamén baixaron no último dia o casos activos en Piñor, que pasou de 4 a 3, e sen variacións no resto dos concellos onde se manteñen os seguintes contaxios activos: Boborás (3) Cea (3) Maside (3) O Irixo (2) Punxín (0) San Amaro (0)
Continúa preocupando o concello de Beariz, que incrementa un caso máis que onte e alcanza os 30, a maioria deles vinculados ao brote no xeriátrico da localidade.