O Carballiño será sede esta fin de semana da Copa de España de Patinaxe Freestyle
O alcalde Francisco Fumega e o presidentes do club carballiñés de patinaxe Aehde presentaron este destacado evento deportivo que pon a O Carballiño no mapa da patinaxe nacional, e que ademáis repercutirá directamente na economía local ao atraer a numeroso público.
Uxío Álvarez, en representación do Club Aehde, o organizador de evento, aproveitou o acto para reivindicar a filosofía da entidade que preside: O camiño da promoción é o que nos leva a embarcarnos nesta aventura, destacando que O Carballiño é a única localidade fora de grandes cidades ou capitais de provincia que alberga unha proba do calendario estatal de freestyle neste ano 2019, e a única tamén da comunidade autonómica polo que a proba é unha aportunidade para O Carballiño e para Galicia e a patinaxe galega. Neste senso o presidente explicou que a idea inicial da Real Federación Española de Patinaje era darlle a organización a unha cidade pero que unha vez escoitados os argumentos e analizado o programa propostos non dubidou en confiar no Carballiño, que xa o ano pasado organizara unha proba do Trofeo Federación Española.
Neste evento están inscritos 133 patinadores pertencentes a 15 clubes de once comunidades autonónicas diferentes e entre eles destaca a presenza de Marina Oliveras, a moañesa campiona do mundo de salto de altura, que tamén se atopa entre os matriculados. Uxío indicou, ademáis, que para participar na proba de O Carballiño houbo que superar o corte dos campionatos autonómicos, o que significa que a calidade prima sobre a cantidade e con nós estarán os grandes especialistas do freestyle en España.
Ademáis o evento, que estará dirixido polos técnicos da RFEP, tamén sirve para a promoción de O Carballiño e neste senso, cada participante ten un dossier sobre todo o que facér en O Carballiño, porque todo o que podamos facer pola promoción do noso povo é pouco. Neste sentido destacou que se está notando na ocupación hoteleira, cun bó número de reservas nunha fin de semana a cabalo entre o Antroido e a Semana Santa. O evento será retransmitido en streaming para todo o mundo.
A Copa de España arrancará as nove e media do sábado no pavillón Paco Chao en xornada de mañá e tarde e rematará o domingo pola mañá. Ao remate de cada unha das tres sesións haberá unha exhibición da Escola Municipal de Danza de O Carballiño.
Por outra banda, Uxío Álvarez aproveitou para lembrar o músculo do Club Aehde na actualidade con equipo de competición de patinaxe artística, un grupo de show, unha escola de artística, unha actividade de patinaxe en liña denominada Patinaxe en Familia e outro de patinaxe de adultos estando en proxecto a creación dunha escola de patinaxe freestyle e velocidade de cara ao vindeiro curso.