O Carballiño súmase ás "batallas de galos" co "Carb.Battles", a ritmo de HipHop, o sábado 25 de febreiro na Praza da Veracruz.
Na víspera do Domingo de Piñata e da Festa da Cachucha, o sábado 25 de febreiro ás 17 h terá lugar un novo evento na Praza da Veracruz, onde o templo será testigo dunha “batalla de galos”, un enfrontamento argumental improvisado baixo a instrumental do HipHop. Ademais de valorarse a improvisación, tamén se teñen en conta outros aspectos como a calidade das rimas, a musicalidade,os recursos literarios, etc. A temática que se usa é moi ampla, aínda que os temas de actualidade copan as letras. Este formato, que xa está consolidado en moitos países, recorda claramente ás regueifeiras e regueifeiros,polo que se agarda que sexan moitos os curiosos que se acheguen ata o Carballiño.
A organización corre a cargo da Concellería de Cultura en colaboración cun grupo de mozos vinculados a este eído, entre os que destaca Yeray Herrera, un mozo carballiñés chamado a ser un dos grandes MCs de Galicia que , ademáis de participante, é a “Alma Mater” do evento xunto co gran “speaker” Claudinho, que será o condutor do evento. O periodo de inscricións xa está aberto e se pechará no momento do comezo do evento, polo que poderá facerse presencialmente, pero tamén está habilitado o enderezo electrónico oixcultura@carballino.gal e a conta de Instagram Carb.Battles .
Dende a organización apuntan que xa hai xente apuntada das catro provincias e de recoñecido prestixio,polo que consideran que pasarán da vintena de participantes,que poderán ter calqueira idade. Tamén salientan que a idea é consolidar este evento na vila e que sirva de estímulo para que a mocidade vexa unha alternativa máis de cultura e ocio nesta disciplina. Por outra beira, hai que destacar que ademáis dos galardóns dos tres primeiros gañadores, todos os participantes recibirán un agasallo literartio. En canto ó xurado, afirman que estará composto por persoas de gran relevancia no eido do “ FreeStyle”. O espectáculo está servido.