O Carballiño súmase á campaña de reciclaxe "Únete ao reto" que promoven Xunta e Ecoembes

16, Febreiro 2022

O concello do Carballiño súmase á campaña de promoción da reciclaxe “Únete ao reto”, unha inicativa da que partipan 13 municipios galegos coa que a Xunta de Galicia e Ecoembes propoñen incrementar nun 10% a recollida de envases de plástico, latas e bricks que se depositan no contedor amarelo.

A conselleira de Medio Ambiente, *Ánxeles Vázquez, e o xerente da Zona Norte de Ecoembes, Fernando Blázquez, presentaron a campaña por videoconferencia aos concellos participantes, onde en 2020 recicláronse máis de 1.700 toneladas, e preséntase como obxectivo común o aumento nun mínimo de 170 toneladas o volume de envases reciclados.

A campaña “Únete ao reto” estará en marcha desde o 1 de marzo ata o 31 de maio, e Ánxeles Vázquez animou aos veciños para colaborar nela depositando envases de plástico, latas e bricks que, tras o seu tratamento, recíclanse e converten nunha nova materia prima. Para a conselleira de Medio Ambiente, “aínda que o esforzo véxase como inalcanzable, é posible e materializable”.